O Concello de Ferrol recorre a falta de protección do casco histórico

A Xunta denegara declaralo como Ben de Interese Cultural

12/4/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O pasado mes de marzo a Xunta anunciaba que non declararía como Ben de Interese Cultural o barrio de Ferrol Vello. Agora, o pleno do Concello aprobou por maioría interpor un recurso de alzada contra esta decisión. A corporación local considera que este espazo posúe valores abondos para merecer esta figura de protección. No mesmo pleno, os grupos da oposición solicitáronlle ao goberno local que elabore o Plan Especial de Reforma Interior de Ferrol Vello, que establecerá criterios de construción e recuperación na zona.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Concello de Ferrol

Claves

Lugares