O Concello de Ferrol adía a recuperación da casa de Carballo Calero

A suspensión do Plan Especial de Protección e Rehabilitación de Ferrol Vello imposibilita o uso cultural do espazo

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
Recreación da casa de Carballo Calero xa rehabilitada. Fonte: Concello de Ferrol.

Recreación da casa de Carballo Calero xa rehabilitada. Fonte: Concello de Ferrol.

A comezos deste mes de marzo, o Tribunal Supremo declaraba nulo o acordo polo que se aprobou o Plan Especial de Protección e Rehabilitación de Ferrol Vello. A falta dunha avaliación estratéxica ambiental neste documento levou ao alto tribunal a suspender a aplicación desta norma. A situación obriga ao Concello a adiar o proxecto de recuperación da Casa Natal de Carballo Calero.

A iniciativa, que se presentou ao público na primavera de 2021, prevía desenvolver un espazo para usos socioculturais na vivenda e nas edificacións anexas. No entanto, a situación urbanística en vigor, que ía ser modificada polo Plan Especial prevé unicamente usos residenciais para ese espazo.

De cara a desbloquear esta situación, o Concello anunciou a súa intención de realizar unha nova aprobación do Plan Especial que permita modificar os usos da pacela, xa que, ao seu ver, traballar nunha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal para realizar esa mudanza levaría o mesmo tempo que esta nova tramitación.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballo Calero, Carballo, Concello de Ferrol, Tribunal Supremo

Claves

Protagonistas
Entidades