A Xunta inicia o expediente para declarar A Peregrina como Ben de Interese Cultural

É a figura máxima de protección do patrimonio

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Concello de Pontevedra levaba varios anos solicitando a declaración de Ben de Interese Cultural, na categoría de monumento, para o Santuario da Peregrina. Despois da tramitación previa de documentación por parte da Consellaría de Cultura, incóase agora o expediente para a declaración. Este trámite implica, entre outras cousas, a delimitación da zona de protección do BIC que paraliza todas as licenzas de parcelación, edificación ou demolición na súa contorna. Ábrese así o prazo dun mes para alegacións, previo a continuar no camiño de concederlle ao popular santuario a figura máxima de protección que conta a lexislación galega.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Concello de Pontevedra

Claves

Lugares