Novos recursos para consolidar e escavar no santuario galaicorromano do monte Facho

O sitio arqueolóxico cangués estaba nun estado de abandono e progresivo deterioro

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O difícil estado do santuario galaicorromano e castro do Monte Facho, en Donón (Cangas), sometido a degradación polo crecemento de vexetación, o clima e os visitantes, ficará solucionado nos vindeiros meses a partir do compromiso da Deputación de Pontevedra, que destinará recursos económicos e unha brigada de traballadores. Así o manifestou Rafael Louzán, presidente da Deputación, nunha xuntanza coa prensa local. A actuación conxunta pasa pola limpeza e consolidación do recinto xa exhumado, pero tamén para continuar a escavación, para o que se están a procurar fondos europeos.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Cando un castro agacha un templo

Cando un castro agacha un templo

O arqueólogo José Suárez reinterpreta o castro do Monte Facho coma un enorme espazo de culto xa antes de época romana

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Pontevedra, Cangas, Arqueoloxía

Claves

Conceptos