Instan á consellería de Cultura a concretar a acción da Xunta en Adro Vello

A Deputación de Pontevedra e O Grove propoñen as súas achegas de actuación para frear o deterioro do sitio arqueolóxico

17/3/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Os organismos que participaron na primeira xuntanza da Comisión Administrativa de Adro Vello especificaron as actuacións que levarán a cabo para frear o deterioro do sitio arqueolóxico. Este complexo, que inclúe unha necrópole, restos de unha fortificación ou unha factoría de salgazón, está sometido á degradación e á erosión mariña. A comisión reuniuse o outro día sen a asistencia da Xunta de Galicia, á que lle remitiron con posterioridade un escrito coas propostas acordadas e solicitando unha actuación de emerxencia polo estado da duna. A Deputación de Pontevedra manifestou o seu compromiso de axilizar as tramitacións que dependan dela e a posta a disposición do arqueólogo provincial e o concello do Grove sinalou que levará a cabo unha limpeza extraordinaria antes do verán e reporá o peche exterior do xacemento unha vez executadas as obras na zona das dunas. Sinalouse tamén a necesidade de rematar a tramitación do xacemento como Ben de Interese Cultural e a redacción dun Plan Director.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Pontevedra, Grove, Pontevedra, Consellería de Cultura...