Adro Vello contará cunha aula interpretativa este verán

Arcebispado e Xunta chegan a un acordo para a cesión dun terreo

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Escavacións en Adro Vello. Foto: Xunta

Escavacións en Adro Vello. Foto: Xunta

O coñecido xacemento de Adro Vello, na parroquia de san Vicente do Grove (O Grove) contará cun pequeno espazo interpretativo que dará conta de información sobre o sitio arqueolóxico, a súa evolución, achados relevantes e unha maqueta. O reducido espazo, de cincuenta metros cadrados, estará situado ao carón da igrexa parroquial e, polo tanto, antes da chegada ao xacemento que se atopa a pé de praia. O conselleiro de Cultura e a directora xeral del Patrimonio refrendaron este acordo co párroco de san Vicente. O espazo xa fora anunciado en xuño do ano pasado. O xacemento de Adro Vello é un complexo sitio arqueolóxico que inclúe unha factoría de salgazón romana, unha igrexa medieval e da Idade Moderna e unha estensa necrópole de varias épocas.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Grove, Idade Moderna, Arqueoloxía

Claves

Lugares