Os conselleiros da s carteiras de Cultura e de Educación e Ciencia, José López Campos e Román RodrÃguez, reunÃronse onte nunha visita ao xacemento de Adro Vello, no Concello do Grove, durante a que anunciaron a posta en marcha dos traballos para dotar a zona arqueolóxica dunha aula interpretativa. Este novo espazo pensado para facilitar a compresión dos restos conservados no lugar que ten a categorÃa de Ben de Interese Cultural, estará situado ao carón da igrexa de San Vicente do Grove, a tan só 500 metros do xacemento. Trátase dun inmoble de aproximadamente 50 metros cadrados que contará con diferentes paneis, información textual e gráfica que dará servizo aos visitantes. Concretamente, os traballos que se poñen agora en marcha cun investimento de 17.500€ abranguen o proxecto museográfico coas liñas a seguir para converter o espazo en aula interpretativa, asà como o deseño de materiais e a elaboración do contido explicativo. Ademais, o edificio contará cunha maqueta do xacemento e unha réplica da moeda exhumada durante as escavacións arqueolóxicas coa representación máis antiga coñecida do relato da translación marÃtima do Apóstolo Santiago.
Na súa visita, os representantes do Goberno galego puideron comprobar de primeira man o estado actual deste espazo, tras as actuacións postas en marcha nos últimos anos coa colaboración da Universidade de Vigo e que supuxeron, no seu conxunto, un investimento superior aos 250.000 euros. O xacemento de Adro Vello presenta restos de época romana e altomedieval de grande interese cientÃfico e cultural, que inclúen desde unha factorÃa romana de salga e unha vila romana, ata unha área de explotación de recursos mariños ou restos de estuco, cerámica e canterÃa. Conta tamén con restos dunha necrópole de inhumación con ata dez niveis de soterramento, dunha igrexa altomedieval de planta basilical e cabeceira cadrada, documentada historicamente a finais do século IX d.C., aÃnda que con presenza de pezas ornamentais anteriores de feitura visigoda. Tamén se documentaron restos dun conxunto defensivo baixomedieval (torre e cerca) e unha ara dedicada á deidade local Deverius.