A Xunta iniciou os traballos para incoar a declaración da necrópole de Adro Vello (San Vicente do Grove, O Grove) como Ben de Interese Cultural (BIC), segundo anunciou hoxe pola mañá o conselleiro de Cultura, Román RodrÃguez. Adro Vello é un complexo arqueolóxico que vai de época romana ata o século XVIII, contendo unha factorÃa de salgadura, unha vila romana, unha necrópole, unha igrexa do século VII e mesmo unha torre defensiva medieval. Nunha visita ao xacemento con responsables polÃticos e veciñais, RodrÃguez indicou que non se vai continuar escavando no xacemento, aÃnda que si se poderán realizar accións de posta en valor. Nestes momentos, Adro Vello non está accesible ao público, rodeado por unha verxa. O sitio arqueolóxico está sometido a unha importante degradación por mor da súa proximidade ao mar e a situación á intemperie. Para o conselleiro de Cultura, declarar BIC Adro Vello ten que ser "o primeiro paso" para as accións de mellora do xacemento, no que sinalou que "todas as administracións competentes, a Xunta, o concello, a Deputación e o Estado" deben "aliarse para poñelo en valor".