Catro asociacións culturais reivindicarán cun roteiro a volta da colección Álvaro Gil a Lugo

Percorrerán castros e minas da zona na que apareceron os materiais

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

As asociacións Buril, Cultura do País, Adega e Mariñapatrimonio organizarán para o domingo 15 de decembro un roteiro por varios dos xacementos arqueolóxicos da Mariña relacionados coa ourivería prerromana. Estas entidades queren reivindicar o retorno da colección Álvaro Gil, sacada polos herdeiros do propietario do Museo e trasladadas a unha cámara acorazada de Madrid. O roteiro percorrerá as minas de ouro da Espiñeira, os castros de Marzán, o castro de Fazouro e en Burela o hipocausto, o castro de Castrelo e a zona do castros, onde apareceu o famoso Torques de Burela, estrela da colección Gil.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Ouro, Burela, Lugo...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares