Talas e repoacións de eucaliptos con maquinaria pesada causaron danos en seis castros da Mariña Lucense, segundo denunciaron onte publicamente a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) e mais Mariña Patrimonio. A destrución de 120 metros do sistema defensivo do Coto dos Castros, a apertura de pistas no interior e no parapeto do Coto da Croa, ou furados na muralla do Castro de San Caetano son algúns dos danos máis importantes que sufriron estes monumentos. Canda a eles, os restos de Castro Loureiro, A Croa e Os Castros tamén se viron afectados por obras de tala e repoboación.
Para alén de teren interposto denuncias ante a Dirección Xeral de Patrimonio sobre estes casos, os colectivos lembran que existen máis casos nos que as actividades da industria madereira teñen afectado ao patrimonio desta zona, especialmente aos castros. Ademais, salientan que é a propia Xunta a que autoriza as cortas que afectan a estas zonas.