Denuncian a destrución e espolio dun dólmen no Valadouro

ADEGA e Mariña Patrimonio sinalan que un dos esteos apareceu nunha casa de Foz

26/5/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Espolio da Casa dos Mouros. Imaxe de Mariña Patrimonio.

Unha corta e plantación de eucaliptos realizadas con maquinaria pesada desturíron o dólmen coñecido como Casa dos Mouros de Lobeira (Budián, O Valadouro). As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio denunciaron os danos causados a este elemento patrimonial, que inclúen a escavación do túmulo con pás mecánicas ademais do espolio de dous dos esteos da peza. Unha destas pedras resultou partida e quedou no lugar, mentres o Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil (SEPRONA) localizou o outro no xardín dunha casa do Concello de Foz, onde fora trasladado.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mariña Patrimonio, ADEGA, Foz, Natureza...

Claves

Lugares