Asociacións luguesas presentan 40 denuncias por danos ao patrimonio feitos pola industria do eucalipto

ADEGA e Mariña Patrimonio presentaron o informe esta mañá

1/6/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Foto: Mariña Patrimonio

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio presentaron esta mañá un informe coas últimas 40 denuncias presentadas ante a Xunta por danos en sitios histórico-arqueolóxicos provocados pola industria forestal do eucalipto. Entre eles, 2 abrigos paleolíticos, 21 mámoas, 14 castros, 1 xacemento medieval e 2 de idade indeterminada, ubicados na comarca da Mariña luguesa. "Coidamos que estas 40 novas denuncias són só unha pequeña mostra, a punta do iceberg do que pode estar a acontecer en moitos montes galegos submetidos á ditadura do eucalipto", advirten desde as asociacións. Mariña Patrimonio foi documentando todas as agresións a través das novas tecnoloxías, que proporcionan fotos aéreas que permiten visualizar o impacto das prantacións forestais e do acondicionamento do terreo para o traballo da maquinaria. Segundo estas entidades, "as responsabilidades destas desfeitas distribúense, a partes iguais entre a industria do eucalipto e a Xunta de Galiza".

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Mariña Patrimonio, ADEGA

Claves

Conceptos