As asociacións Mariña Patrimonio e Adega compareceron antonte ante os medios para informar da denuncia na FiscalÃa das actuacións da Xunta de Galicia en relación á destrución do castro de Trinidade-Flores, ubicado entre os concellos de Mondoñedo e Lourenzá (Lugo). Segundo estas entidades, a "empresa propietaria da canteira puido ter causado danos irreparables na meirande parte deste ben patrimonial malia ter recibido varias denuncias". Mariña Patrimonio e Adega sinalaron que "persoal técnico da Dirección Xeral de Patrimonio da ConsellerÃa de Cultura da Xunta elaborou un informe no que se pretendÃa demostrar a inexistencia do sitio arqueolóxico, coa finalidade de quitarlle a protección que lle corresponde". Segundo as entidades, "a non paralización das actividades mineiras que afectaban ao castro, xunto cos informes elaborados polos técnicos da Xunta para desprotexelo puideron ser determinantes para a destrución deste ben patrimonial". Segundo El PaÃs, a FiscalÃa xa iniciou unha investigación a partir da denuncia.