Dúas asociacións denuncian ao conselleiro de Cultura polo Castro de Atalaia

Hai mais dun ano que Patrimonio ditou un tapado provisional que nunca se executou

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Acúsano de non cumprir coa lexislación de protección patrimonial e non velar pola conservación do depósito arqueolóxico do Castro da Atalaia (San Cibrán, Cervo). Adega e Mariña Patrimonio tramitaron onte a súa denuncia contra o Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, diante da Fiscalía pola degradación que sofre o depósito, que leva mais dun ano agardando que a Dirección Xeral de Patrimonio execute o tapado provisional para evitar o seu deterioro. Os feitos denunciados comezaron en 2006, cando o concello de Cervo concedeu licenza para construir tres inmobles na contorna do Castro, obras que foron paralizadas pola dirección xeral de Patrimonio.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Atalaia, Dirección Xeral de Patrimonio, Cervo, Asociacións...