Máis agresións ao Castro da Atalaia, en Cervo

A asociación Mariña Patrimonio denuncia a remoción de case 200 metros cadrados de depósito

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Máis agresións ao Castro da Atalaia, en Cervo

A Asociación Mariña Patrimonio presentou a semana pasada unha denuncia perante a Dirección Xeral de Patrimonio notificando a destrucción de 195 metros cadrados de terreo no Castro da Atalaia, alterados, segundo a asociación, durante as obras de construción do "Residencial Faro de San Ciprián", un complexo de tres edificios para 100 vivendas promovidos pola construtora Promociones San Ciprián. A Asociación denuncia que a empresa removeu unha zona de terreo non prevista, quedando inalterados unicamente 15 m2. A asociación solicita a "inmediata paralización" das obras e a posta en coñecemento do Ministerio Fiscal das intervencións da empresa construtora.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Atalaia, Mariña Patrimonio, Cervo, Dirección Xeral de Patrimonio