Mariña Patrimonio e outras asociacións solicitaron á Dirección Xeral de Patrimonio permiso para realizar unha escavación de rescate e avaliación do forno romano de Esteiro, ubicado na praia das Catedrais. AÃnda que houbo unha primeira resposta favorable a nivel telefónico, a Dirección Xeral de Patrimonio respondeu á iniciativa desta asociación solicitando importantes cambios no proxecto de escavación: entre eles, a redución da área escavada (Mariña Patrimonio pedÃa unha sondaxe de tres por tres metros) e a construción dun crebaondas. "O seu custe é para nós inasumible, como moi ben sabe Patrimonio", afirma Mariña Patrimonio, quen indica que a asunción de medidas de protección deberan ser feitas polas administracións.