Traballos forestais destrúen o único dolmen do concello de Baleira

O colectivo Patrimonio dos Ancares pide unha sanción exemplarizante

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Traballos forestais destrúen o único dolmen do concello de Baleira

O Colectivo Patrimonio dos Ancares denunciou na Dirección Xeral de Patrimonio a destrucción durante as tarefas de corta forestal de piñeiros do único dolmen conservado no concello de Baleira (Lugo). Estaba situado na necrópole do Monte da Cruz, ao carón da estrada provincial LU-0708. Como moitos campos de mámoas do país, ubicábase no límite entre varios concellos: Baleira, Becerreá, A Fonsagrada e Navia de Suarna. A maquinaria da corta forestal rebentou totalmente o túmulo, e desprazou e esnaquizou os esteos que conformaban a estrutura megalítica. Os traballos tamén afectaron a outra mámoa ubicada da outra beira da estrada. O Colectivo Patrimonio dos Ancares esixe á Xunta que aplique unha sanción "exemplarizante debido á gravidade dos feitos". As multas previstas pola Lei de Patrimonio Cultural de Galicia van de 150.000 a 1.000.000 de euros.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Colectivo Patrimonio dos Ancares, Lei de Patrimonio, Dirección Xeral de Patrimonio, Navia de Suarna...