Seis viaxes sonoras de docuficción interpretandas por outros tantos actores e actrices compoñen a serie 'Os Andares' que pretende acompañar percorridos polos concellos da comarca de Os Ancares. Estas gravacións de 45 minutos de duración, dispoñibles na páxina web osandares.com, son froito do estudo de produción cultural Fósforo, Arte e Cultura en colaboración co colectivo Galiza Emocional para promocionar o patrimonio dos Ancares, para o que conta coa participación dos concellos implicados, a deputación provincial de Lugo e a Xunta de Galicia.
Os diferentes sons desta serie contan con paradas na Pobra de Navia (Navia de Suarna), Penarrubia (Baralla), Torés (As Nogais), Castro de Santa María (Cervantes), Os Grobos (Becerreá) e Lagoa Maior (Pedrafita do Cebreiro). Estas viaxes sonoras son pezas de arte inmersivo ao aire libre e están contadas por actores e actrices que interpretan diferentes personaxes; o seu discurso altérnase con intervencións en primeira persoa dos veciños e veciñas que viven no territorio. Son apenas 45 minutos por capítulo para ofrecer anacos de historia e arquitectura das diferentes localizacións, recollendo ademais as lembranzas e emocións das persoas que habitan e habitaron estes concellos e facendo compilación tamén da súa tradición oral, músicas e acervo cultural. Explican os creadores de Os Andares, Iria Acevedo, José Díaz e Marcos PTT, que "non é necesario seguir unha orde concreta para desfrutalos, o realmente importante é fomentar a participación activa das persoas que escoitan, máis aló do paseo, a observación e a escoita". As escritoras convidadas foron Maria Lado, Avelina Pérez e Clara Gayo, e os capítulos foron interpretados por Patricia Vázquez, Carlos Santiago, Iria Azevedo, Marcos PTT e Jose Díaz.