O colectivo Patrimonio dos Ancares localizou no concello lugués de Baralla, entre as parroquias de San Martiño de Neira de rei, teixeira e Vilachambre, unha necrópole megalÃtica enteira sen catalogar. Son vinte túmulos distribuÃdos por unha penichaira que complementan á única que xa estaba catalogada nese conxunto. Segundo explica Xabier Moure, membro do colectivo, foi a neve, que co seu peso afundiu o mato que as tapa, o que permitiu localizalas. Moure tamén sinalou que poden existir máis mámoas na área que aÃnda non puideron ser comprobadas debido ás condicións do monte. As mámoas non figuraban nos sistemas de información xeográfica de xestión do territorio e aproveitamentos forestais e que son, ata o momento, a única ferramenta en liña oficial para poder consultar os xacementos arqueolóxicos do paÃs.