Denuncian unha agresión a unha necrópole megalítica no Saviñao

As remocións de terra afectan ao perímetro de protección de varias mámoas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Zona afectada. Foto: ESCR

Zona afectada. Foto: ESCR

As obras para o deslinde dos montes comunais de Piñeiró, Cazón e Abuíme están a provocar graves danos nos perímetros de protección das alomenos dez mámoas que conforman a necrópole megalítica da Costa do San Antonio. As pistas e a remoción de terras afecta, cando menos, a seis das mámoas e nalgún caso as gabias pasan a vinte metros de algunha, puidendo afectar a elementos arqueolóxicos soterrados. As obras foron denunciadas por alumnos da Escola Superior de Conservación e Restauración de Galicia e os feitos están a ser investigados polo Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta e a policía.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves