Varios proxectos de parques eólicos afectan ao patrimonio cultural

Hai montes afectados en Teo, Piñor e Lalín

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Nestes días, varios proxectos de parques eólicos están sendo sometidos a exposicion pública. Alcaldes e colectivos das zonas afectadas están advertindo que os parques eólicos están afectando a todo tipo de elementos do patrimonio cultural. Desde mámoas a petróglifos ou o propio Camiño de Santiago. Deste xeito, o Parque "Coto Frío", que afecta aos concellos do Irixo e Piñor, recibiu alegacións do primeiro concello en virtude de que afectan, entre outros ámbitos, a mámoas e petróglifos no contorno do Camiño de Santiago. En Teo, o concello oponse á constitución do parque eólico de Monte Piquiño, no que a corporación municipal estima que serán afectados 93 elementos arqueolóxicos.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teo, Camiño de Santiago, Lalín

Claves

Lugares