A Plataforma SOS Patrimonio Monte do Gato Seselle alertou nun comunicado do potencial impacto que o parque eólico Penas Boas, situado nas proximidades deste monte e que afecta aos concellos de Coirós e de Oza-Cesuras, ten sobre a paisaxe do Camiño de Santiago. A entidade denuncia que a respecto do novo parque proxectado "en liña recta o Camiño Inglés sitúase a menos de 14 quilómetros e en relación co Camiño do Norte atópase incluso máis próximo".
Ademais, este colectivo lembra "o impacto acumulado dos outros cinco parques eólicos proxectados na zona, como son o Felga e o Gato, tamén de Greenalia, e o Feás, o Fontella e o Seselle, promovidos pola empresa Galenergy", que están aÃnda a menor distancia do Camiño Inglés. Deste xeito, de Felga e o de Seselle están a 8,5 km, o do Gato e o de Fontella a 10 o de Feás a 11. A altura dos xeradores previstos, próxima aos 200 metros, fan que os parques vaian ser visibles desde as rutas de peregrinación. A plataforma lembra que o recoñecemento do Camiño de Santiago por parte da UNESCO fai referencia a uns valores paisaxÃsticos que correrÃan pois perigo con estas iniciativas, e anunciou que está a preparar unha solicitude de amparo á Federación de Asociacións do Camiño de Santiago para que se pronuncie contra o proxecto industrial.
En relación aos impactos patrimoniais da actual vaga de proxectos de parques eólicos que se están a tramitar por todo o paÃs, os colectivos a Rede Galega do Patrimonio Cultural, o Sorriso de Daniel, o colectivo A Rula e a Asociación RoxÃn Roxal fan parte da vintena de entidades que chaman a se manifestar en Compostela o vindeiro 5 de xuño baixo o lema "Eólica asà non". Canda a estas, entidades coma Amigos do Patrimonio de Castroverde, o Instituto de Estudos Miñoráns ou Patrimonio dos Ancares apoian tamén esta mobilización.