O impacto visual que teñen os parques eólicos sobre o camiño de Santiago levou á Dirección Xeral de Patrimonio a vetar dúas destas instalacións nas proximidades de MuxÃa. Ademais, a posibilidade de que o Camiño de Santiago poida ser empregado como vÃa de comunicación entre estas instalacións e que pola ruta circule maquinaria pesada son tamén argumentos que empregou o departamento. Segundo publica hoxe La Voz de Galicia isto pode motivar que ata un 42 parques, un 35% dos que está previsto que se instalen, se vexan afectados polas restriccións de Patrimonio debido á súa proximidade a algunha das rutas xacobeas.