ADEGA denuncia que novos parques eólicos afectan a bens patrimoniais

Instalacións en Outes e no Barbanza poden afectar a depósitos arqueolóxicos

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

Algúns dos parques eólicos que se van instalar no noso país ao abeiro do novo Plan Eólico poden afectar a bens patrimoniais e a paisaxes destacadas. A asociación ecoloxista ADEGA denunciaba hoxe que as pistas e instalacións do parque eólico Outes, repartido entre este concello e Negreira, afecta a un importante conxuntos de restos arqueolóxicos. Ademais, o parque Barbanza I, situado na área as Chans do Barbanza, pode ter efectos sobre unha destacada concentración de restos, entre os cales se atopa a Arca do Barbanza, un destacado exemplo do megalitismo no noso país. Do mesmo xeito, o colectivo apuntou a instalación de varios destes parques en espazos de interese natural, como é o caso do Barbanza I, Os Penidos en Valdoviño, ou Salgueiras en Ponteceso, así como a proximidade do previsto en Xinzo á Zona de Protección de Aves da Limia.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barbanza, ADEGA, Outes, Valdoviño...