A proliferación de proxectos de parques eólicos que se está a dar por toda Galicia está a xerar alarma entre múltiples colectivos. Para alén das problemáticas ambientais destas instalacións, están a se denunciar casos nos que os muÃños, pistas e redes eléctricas vencelladas teñen un impacto en elementos patrimoniais. Nos últimos dÃas sucedéronse as advertencias sobre o potencial dano que o parque do Monte do Chan pode causar sobre so Penedos de Pasarela e Traba, entre Vimianzo e Laxe. O proxecto motivou a mobilización de colectivos da comarca, que artellaron a plataforma Salvemos os Penedos. Tamén o Seminario de Estudos da Costa da Morte denunciou que varios dos aeroxeradores previstos sitúanse dentro da área que se declarou Paisaxe Protexida en 2008 polos seus valores.
En Celanova, pola súa banda, diferentes colectivos veciñais manifestaron a súa preocupación ante a vindeira instalación de xeradores no marco do parque Monte da Neve, que quedarán á vista da zona monumental da vila e que ademais ameazan un importante campo de mámoas. Tamén o colecitvo Petón do Lovo denunciou que este proxecto prevé aeroxeradores onda tres mámoas protexidas nesta área.
Esta mesma entidade advertiu tamén que o proxecto de parque do Monte do Outeiro, en Agolada, afecta a 26 elementos patrimoniais, entre eles un importante campo de petróglifos, unha mámoa e unha necrópole. Segundo Petón do Lobo, as instalacións previstas atravesan os ámbitos de protección establecidos legalmente para boa parte destes elementos.