Denuncian a destrución de parte do Castro da Croa en Ponteareas

Segundo os catalogadores, trátase dun castro "espectacular"

30/9/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Obras no medio do sistema defensivo do castro. Foto: ADENCO

Escavadoras e outro tipo de maquinaria pesada destruíron parte do complexo sistema defensivo do Castro de Croa, en Ribadetea (Ponteareas), segundo denunciou o grupo ecoloxista local ADENCO, quen valorou a agresión como de "graves danos". O sitio arqueolóxico está definido na ficha de Patrimonio como "espectacular" pola súa complexísima sucesión de parapetos e foxos. Segundo os seus catalogadores, "pensamos na posibilidade de que a obra efectuada non se corresponda unicamente a un sistema defensivo, senón que ademais poida estar acompañada dunha posible zona de explotación de recursos, mina aurífera".

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ponteareas, Arqueoloxía

Claves

Conceptos
Lugares