Novos petróglifos enriquecen o patrimonio cultural galego

Solicitarán a inclusión no catálogo de estacións rupestres de Nigrán e Cervo

16/5/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

De maneira distinta, pero nos últimos días estanse a producir relevantes incorporacións ao inventario do patrimonio cultural de Galicia. No Concello de Nigrán, os estudos relativos á confección do Plan Xeral de Ordenación Municipal sacaron á luz dez gravados prehistóricos descoñecidos nas parroquias altas de Chandebrito e Priegue, nos que destaca un cérvido que está gravado na rocha natural que fai da parede dun cortello e que foi localizado hai varias décadas. No caso do concello de Cervo, unha solicitude de Mariña Patrimonio reclama tamén o estado de protección para un petróglifo de espirais e cazoletas, ubicado a moi escasa distancia do edificio municipal.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nigrán, Cervo, Mariña Patrimonio, Concello de Nigrán