A Cidade da Cultura ponse en marcha coa colocación da primeira pedra

A primeira da lista

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Un símbolo. Coa colocación da primeira pedra arranca un dos proxectos máis ambiciosos e custosos desenvolvidos pola Xunta de Galicia: A cidade da Cultura. Poderes civiles, políticos locales e autonómicos estiveron presentes no acto. Sólo unha ausencia, a máis destacada, a do presidente da Xunta, Manuel Fraga, aínda convalecente trala súa recente operación.

Acto simbólico

Jesús Pérez Varela, Xosé Sánchez Bugallo e Peter Eisenmann arroupados por abondosas personalidades do mundo politico e cultural asistiron onte o nacemento dun dos proxecto máis custosos e ambiciososo que financia exclusivamente a Xunta de Galicia. A Cidade da Cultura, que se edificará sobre o Monte Gaiás foi deseñada polo arquitecto Eisenmann, electo entre once candidatos e que se inspirou nunha cuncha da vieira, e está presupostada, inicialmente, en 18.000 millones de pesetas.

Cidade da cultura

A Cidade da cultura, un proxecto curvilíneo con edificios e rúas sinuosas pretende ser un gran centro creador e xerador de cultura. O conjunto arquitectónico albergará a Gran Biblioteca de Galicia, o Museo da Historia galega, unha hemeroteca, un centro audiovisual, un Teatro da Opera e un Auditorio. Un compendio de construcción que contará co grande "Bosque de Galicia", que pretende ser un icono que recolla a esencia verde de Galicia. Ademais, A Cidade da Cultura aglutinará a información de todo o que se xenere na comunidade, a través dunha gran base de datos. Un proxecto moi ambicioso que pretende estar elaborado en catro anos.

Que che parece esta nova?
11 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Fraga, Xunta de Galicia, Teatro, Biblioteca de Galicia...