O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago atesoura desde a súa fundación preto de 2.000 oras de gravación de 7.000 falantes de galego no Arquivo do Galego Oral. Esta mañá, o centro presentaba a versión en liña deste proxecto, que permite acceder aos arquivoso sonoros e mais ás transcricións dalgunhas destas gravacións, xeolocalizadas e con todos os datos sobre a súa orixe, tema e data de creación. En concreto son 43 etnotextos correspondentes a 34 concellos galegos que tratan na súa maiorÃa sobre a guerra civil e a posguerra, asà como sobre crenzas, lingua ou festas, romarÃas e costumes. A dixitalización do material e a súa publicación da rede realizouse en colaboración das consellarÃas de Industria e Eduación, asà como de PolÃtica LingüÃstica entre outras entidades. Segundo explica a presentación do proxecto, o obxectivo do Arquivo de Galego Oral é "a posta en rede dun banco de textos orais, co que configurar unha especie de atlas da oralidade, e a realización dun corpus informatizado do galego oral para o estudo fundamentalmente léxico e gramatical".