“Un conto de fadas” é a historia de tres mulleres que recordan a súa vida en Uruguai desde os anos setenta. Esas mulleres son Sara Larocca, Graciela Escuder e Alicia Alonso, ou o que é o mesmo, “El Galpón” de Uruguai. Son unha da compañía independente máis antigo de América Latina e o venres foron as encargadas de abrir a porta XI Festival Internacional de Teatro de Carballo.
Carballo ten unha historia teatral propia, que foi creando pouco a pouco, representación tras representación, así ata conseguir a XI edición do Festival Internacional de Teatro. Unha cita ineludible dentro das referencias teatrais en Galicia. Non só porque leven once anos alimentando e cultivando un evento que ben puido nacer detrás dunha lareira, senón porque cada ano se van profesionalizando, conseguindo máis público. Máis e mellor.
Faise camiño o andar.
Os que plantaron a semente hai once anos foron a asociación cultural “Telón e aparte” que decidiron crear unha pequena programación para poder ver teatro durante uns días do ano. E dous anos despois, no 1995, o concello decidiu asumir a función de dirección e apoiar esta iniciativa cunha mostra de carácter internacional. Carmen Castro, do Concello de Carballo, asegura que este matiz se debe “a que como en todo o ano xa hai unha programación estable que nos permite ter espectáculos de compañías galegas, acostumamos a que durante o festival poidamos ver como se desenvolven desde outros puntos do estado”.
E o resultado tradúcese en nomes tan lendarios no mundo do teatro como “O Galpón” de Uruguai. Fundada en 1949 destaca polo compromiso ideolóxico, cultural,social, político e humano que os carballeses puideron apreciar o venres da semana pasada cando con “Contos de fadas” inauguraron o festival. Xunto coas uruguaias, Malayerba de Ecuador (con “Nosa Señora das Nubes” o 19 de outubro), Teatro Meridional de Madrid (con “Miguel Hernández” o día 27 de outubro), os vallisoletanos Teatro Corsario (con “Don Gil de las Calzas Verdes”) e as madrileñas Producciones Yllana (que con “Spingo” pretenden meterse ó público no peto, logo do éxito acadado o ano pasado). Un programa que se completa con produccións galegas de Nordesía, Teatro do Morcego que foron as escollidas desde o concello, desde a asociación cultural “Telón e aparte”e desde o público (que ten voz e voto a través do seu voto consegue que a compañía máis votada estea presente na edición do próximo ano).
Actividades paralelas
E aquela semente que comezou sendo como unha cita anual co teatro, vaise diversificando e enraizando cada vez máis dentro deste tronco común que é a arte escénica. Foi así como naceron o certame galego de dramatización de monólogos cómicos (que está dirixido a afeccionados e profesionais de toda Galicia e que está premiado con 300 euros), o premio do público (do que xa falamos antes) e o II concurso escolar de teatro lido “Xosé Manuel Eirís (dirixida ós centros de primaria e de secundaria para crear pequenas representacións de obras de teatro e terán a oportunidade de poñelas en escena na radio). Unha forma máis de ir educando no teatro a un público novo e asegurarse de que esta función non remate nunca.
E todo isto custa cartos. Segundo Carmen Castro “ a cifra rodea os sete millóns e medio”. E os encargados de poñelos enriba da mesa son o Concello de Carballo, A Xunta de Galicia , ademais do patrocinou da Deputación da Coruña, Caixa Galicia, Autoestradas de Galicia, Librería Brañas, Onda Cero e a Cadea Ser). E tamén os espectadores a través da despacho de billetes, para que o concello ten preparado diferentes prezos para que poida chegar a todos os públicos: 5 euros a entrada, 25 o bono (para as 8 representacións), 18 para estudiantes dos institutos de Carballo (non inclúe o espectáculo de Yllana) e para os que só queiran asistir a catro representacións un minibono a 15 euros. Ás 21 horas do 18 de outubro ata o 2 de novembro o acabado de inaugurar Pazo da Cultura abrirá as súas portas para comezar a súa función.