¿Tralo deseño galego?

Unha mesa de debate reflexiona sobre as posibilidades dun deseño creativo galego

Autor: Luís Seoane
Autor: Luís Seoane
Deseño web, maquetación de libros, imaxe corporativa, logotipos… hai deseño en todo canto nos rodea. Por iso, os profesionais que se dedican a este campo reuníronse en torno a unha mesa de debate para achegar posturas e, reflexionar, se existe algo que se pode chamar deseño galego. A iniciativa fai parte dun proxecto chamado Acción DAG que visibiliza o traballos dos creadores galegos do súltimos dez anos.

A última vez que se puido reunir as creacións e o deseño galego xuntos foi en 2004. Desde aquela exposición no MARCO non volveu haber unha aposta semellante. Por iso, catro anos despois da súa constitución, A Asociación Galega de Deseñadores, acaba de por en marcha Acción DAG. Marcos Dopico, o presidente deste colectivo explica que consiste en “compilar as mellores creacións de deseño gráfico, deseño web e deseño industrial que se fixeron en Galicia nos últimos dez anos”. A iniciativa, que se concretará nunha web (que estará en permanente actualización) e nunha publicación, concentra mostras de trinta e dous estudos.

O debate na mesa
De xeito paralelo, unha mesa redonda achegará unha visión poliédrica das das diferentes facetas do deseño (editorial, web, corporativo…) e reflexionarán sobre se existe ou non unha etiqueta de “deseño galego”.

Pepe Barro: unha referencia








Un dos deseñadores de referencia en Galicia, Pepe Barro achegou unha intervención na que “toma como punto de partida un artigo publicado en 1986, no que se dicia que hai que ser galegos sen ningún tipo de complexo”. Desde o seu punto de vista hai que asumir a nosa cultura e deixar que se manifeste de forma espontánea. “O deseño gráfico, debido á suá natureza e presenza na rúa, ten unha responsabilidade maior que outras actividades creativas” puntualiza. Pepe Barro teno claro, “existe un deseño galego porque o noso país, mal que ben (coas súas eivas de ser un país pequeno e pouco desenvolvido), ten unha cultura propia”. Agora ben, “creo que pecamos dunha falta de tradición histórica, aínda que Castelao e Seoane, desenvolveron unha parte esencial, porque os dous participaban do interese pola comunicación coa xente”.


Jose Ramón Méndez: a perspectiva da escola








"Nos últimos anos hai unha certa especie de inflación de oferta de deseño que está xenerando malentendidos a nivel profesional. Os deseñadores debemos ver cales son os perfís da profesión nas súas distintas ramas. Hai demasiada iniciativa que fala do deseño como ocurrencia, mentres que se trata de proxectos grandes. Chámese desde mobiliario ata iates, que teñen unha gran trascendencia económica. E os proxectos está moi vencellados. Temos empresas moi fortes no sector da moda e do deseño, e temos un parámetros nosos moi concretos e iso incide en como se plantexa o desenvolvemento do deseño".


Óscar Otero: o deseño web








Este deseñador web, Óscar Otero, "non creo que haxa un deseño galego moi definido. Sobre todo agora co tema de Internet todo o mundo sabe o que se está facendo en todo o mundo. Se cadra sexa un pouco máis difícil poder definir o deseño por áreas xeográficas. Pero aínda que non haxa un estilo gráfico galego, ao mellor si que o deseño ten que tentar diferenciarse doutras zonas do mundo non tanto a nivel gráfico como a nivel conceptual. A sociedade, a economía si que poden influír á hora de enfrontarnos ao proceso de deseñar. O deseño galego non é tanto un tema gráfico como un tema de actitude.

Uqui Permui: o deseño editorial








“Na feira de Frankfurt (a máis importante do sector) preséntanse 400.000 títulos novos pero moi pouco están ben deseñados” explica Uqui Permui que é un dos puntos clave á hora de decidir, e hai que xustificar a edición en papel. Desde o seu punto de vista hai que apostar pola investigación e “por ter criterios razonables para entrar neste mundo dixital”. Nese sentido, Permui considera que “unha das cousas que me vai interesar indagar nesta ponencia é como os dous mundos paralelos se van poder desenvolver. Máis que ser un abrir camiños e que a partir de agora ten que xustificarse a edición en papel”.