Ilusionistas e neurocientíficos reuniranse en San Simón no encontro Neuromagic 2011

O encontro está organizado entre a Cidade da Cultura e Agadic

Manipular a capacidade de atención do ser humano. Isto é o que une a magos, ilusionistas e neurocientíficos que se concentrarán na illa de San Simón do 2 ao 5 de maio. A cita está organizada pola Agadic e pola Cidade da Cultura en colaboración co The Neural Correlate Society. Todas as actividades previstas, desde as conferencias ata os espectáculos pretenden mesturar o punto de vista médico co espectáculo. Luis Piedrahita, Kiko Pastur, James Randi (ilusionista que leva desde os setenta desenmascarando truos que atribúen ter capacidades sobrenaturais), xunto con científicos como oPetter Joahnsson, Peter Tse, Paul Zak e a galega Susana Rodríguez (que dirixe o laboratorio Visual Neuroscience of Barrow Neurological Institutte en Phoenix) son algúns dos participantes deste encontro.