O ILG coordinará un proxecto para estudar o léxico galego-portugués

O Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués conta coa participación de centros portugueses de brasileiros

20/4/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Recoller nunha base de datos en liña o emprego, variedades fonéticas ou morfolóxicas e a distribución xeográfica das palabras que se empregan en Galicia, Portugal e Brasil. Este é o obxectivo do Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués, o proxecto que coordina o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago e que conta coa participación de dúas universidade portuguesas e trece brasileiras. A iniciativa permitirá coñecer polo miúdo o emprego real dos vocábulos a partir de materiais como recolleitas de campo, vocabularios, obras dialectais e outros fondos que en ocasións son de difícil acceso.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugués, Brasil, ILG, Lingua galega...