Un desafío entre as pantallas [vídeo]

Expertos e profesionais debaten en San Simón sobre os desafíos da nova comunicación en Internet

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Un desafío entre as pantallas [vídeo]

Vinte expertos na Illa de San Simón e un numeroso público interactuante desde o hastag de Twitter debaten entre onte e hoxe o futuro da comunicación interactiva en Internet. O obxectivo, repasar de xeito informal as novas tendencias no ámbito do xornalismo, a creación, a propiedade intelectual ou o mercado e o negocio. Os debates, moi animados, están a reflectir as incertidumes do mundo dixital.

"Todo gratis?", pregunta Julián Hernández, de Siniestro total. "Non", contestan Mario Tascón e Javier Celaya, xornalista e editor respectivamente. "A cuestión é que no proceso do medio está a intermediación, que desaparece", sinala Tascón. ¿E que vén despois? Para os participantes no #Nethinking, a industria está afrontando un futuro novo que se ten que redefinir. A clave, para moitos, están nas redes sociais. Para Eduardo Arcos, propietario de Hipertextual, unha das principais compañías de blogs en español, "afirma que un 20% do noso tráfico procede das redes sociais, e cremos que iso vai medrar. O máis importante é que é tráfico de calidade". Reflexionamos con algúns dos axentes sobre o novo futuro da comunicación que procede das redes sociais.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Unha illa conectada

Unha illa conectada

Un grupo de expertos debaten na Illa de San Simón sobre as novas tendencias da rede

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Xornalismo, Twitter, Illa de San Simón...