Pontevedra acolle as I Xornadas de Normalización Xoán Manuel Pintos

Henrique Monteagudo, Carlos Callón ou Anxo Lorenzo participarán no evento

Entre o 14 e o 18 de marzo Pontevedra acolle as I Xornadas de Normalización da Lingua Xoán Manuel Pintos Vivan os que rompen as cadeas de ferro. O evento contará coa presenza de Manuel González, Henrique Monteagudo, Anxo Lorenzo e Carlos Callón, que rpatciiparán en dous debates sobre alingua. Unha festa con concerto de Som do Galpom e García MC completan as xornadas. Canda a isto, celebraranse en centros de ensino da cidade obradoiros de creación con Migallas, O Leo, Marcos Payno e Kiko da Silva.