500 testemuñas de momento. As melodÃas que ficaron gravadas na memoria das diferentes xeracións. O Verbum de Vigo acolle a exposición Música en branco. Memoria dunha cidade, un espazo no que se recrean as músicas gardadas na lembranza dos vigueses. O seu comisario, Julio Gómez, selecciona para nós os dez temas máis comúns na memoria dos vigueses nunha lista de reprodución de Spotify e explÃcanos o proxecto.
Ata fins de marzo, 6 peanas xigantes instaladas no Verbum – Casa das Palabras de Vigo permiten escoitar entrevistas, músicas, melodÃas ou sintonÃas de programas que fican almacenados nas memorias dos habitantes de Vigo. Trátase dun proxecto en evolución constante, como sinala Julio Gómez, membro do dinámico colectivo vigués Sinsal Audio, que están previstas moitas máis entrevistas. “Decidimos facer como un backstage, porque son unha prolongación da memoria musical, moito máis especializada”, sinala Gómez.
Sinsal Audio ten moita experiencia no traballo con contidos sonoros. “Cando traballas no mundo do son visualizar ese traballo é moi complicado. Asà que decidimos unha estrutura de seis peanas. Nelas debe haber uns 300 documentos sonoros. Non se trata de que as persoas vaian alà e que escoiten as respostas e a música. O que fixemos foi unha especie de campo sonoro para que as persoas que vaian rodeando as peanas escoiten melodÃas e respostas moi de fondo, como buscando tamén na memoria e na profundidade dos recordos”, sinala o comisario da exposición.
A produción
O equipo de Sinal realizou 500 entrevistas con participantes voluntarios. A pregunta era moi directa: “Que melodÃa, banda sonora ou sintonÃa gardas na túa memoria?”. As respostas foron heteroxéneas, pero habÃa puntos en común. “Cada xeración ten a súa banda sonora”, explica Gómez, “e hai un salto xeneracional dependendo da tecnoloxÃa”. Segundo explica Gómez, as persoas maiores teñen recordos musicais esencialmente vinculados ao lugar no que escoitaban a música, coma os eventos colectivos, os bailesÂ…A xente de idade media, pola contra, lembra documentos sonoros vinculados con cabeceiras de programas de televisión como La Clave, ou o Un, dos,tresÂ…Nos máis novos, da xeración dos trinta anos ou menos falamos xa de grupos ou de cancións. “Hai unha evolución da idea de repetición da música”, indica Gómez.
Na banda sonora de Vigo que propón o comisario figuran cortes de música que marcan, en certo xeito, o adn sonoro dun mundo urbano desde os anos 60. Gómez fÃxonos unha selección que podes consultar disfrutar na nosa lista de Spotify.