Edicións do Cerne publicará unha serie de libros de cociña históricos

Os vinte volumes sairán en edicións facsimilares

Vinte volumes de títulos históricos de gastronomía relacionados con Galicia en edición facsimilar. Esta é a proposta que acaba de anunciar Edición do Cerne, o proxecto que lidera Xesús Couceiro, responsable da libraría que leva o seu apelido. Couceiro sinalou que é posible que a serie se estenda ata trinta títulos e que La cocina práctica por Picadillo de Manuel Puga Parga será a obra que inaugurará o proxecto. Guillermo Escrigas e Fausto Galdo serán os responsables da coordinación desta iniciativa, que continuará cun volume que compilará os textos gastronómicos de Ángel Muro.