Unha historia de homes lobo, ambientada nun pobo ficticio (Arga, que dá tÃtulo ao filme) que xunta o saber facer da produtora coruñesa Vaca Films á fronte de historias de terror (Cela 211, SecuestradosÂ…) e o talento no ámbito da comedia de Telespán (“Al otro lado de la cama”, “DÃas de Futbol”, “Pagafantas”…). O resultado é Lobos de Arga, “unha comedia de terror”, en palabras do director e guionista, Juan MartÃnez Moreno. Un ambicioso proxecto (cun orzamento de cinco millóns de euros) pensado para o gran público que ten como fonte de inspiración pelÃculas como El dÃa de la bestia e que chegará a carteleira para Halloween de 2011. A rodaxe comezará o vindeiro luns 31 nos arredores de Santiago, e conta con actores como Gorka Otxoa, Carlos Areces, Secun de la Rosa e os galegos Mabel Ribera, Luis Zahera ou Dorotea Bárcena.