Subordinadas sempre á presenza masculina, a historia das mulleres de Galicia a finais da Idade Media foi unha gran descoñecida ata agora. Un grupo de investigadores do Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento" retratou a partir da bibliografÃa e materiais novos e inéditos a biografÃa de 300 mulleres da aristocracia galega do momento, como Aldonza de Mendoza, Maior de Ulloa, Tareixa de Zúñiga, Constanza de Castro ou Leonor Yáñez de Romay. As biografÃas desvelan a difÃcil situación das mulleres na época, e os seus esforzos por preservar os seus dereitos,como recuperar a dota ou non ser casadas cando nenas. O proxecto cristalizará na edición dun volume que compendiará as obras, no que se incluirán tamén as ilustracións de Xosé Antón GarcÃa González-Ledo que permiten observar a presenza na escultura funeraria das mulleres de entón.