A vida secreta das obras

Ania González busca a experiencia persoal dos artistas nun percorrido por Atalaia

10/1/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Monogamy, de Rubén Santiago.

A raíz da lectura de Vida secreta, obra de Pascal Quignard que reflexiona sobre o pouso da experiencia vivida, Ania González quixo indagar sobre a pegada que o vivido deixa na obra dos artistas. ”Interesábame ver como a experiencia garda relación directa co traballo artístico” e iso é o que procura neste percorrido por Atalaia, o soportal de arte de Culturagalega.org. Ania enfía unha selección de dez pezas para descubrir a vida secreta desas obras de cada artista. Será o segundo itinerario que críticos, profesionais e estudantes de arte contemporánea fagan polo noso catálogo.

Vida secreta é un conxunto de 53 pequenas historias, autobiográficas, mitolóxicas, lendarias arredor do amor. O afamado autor francés, Pascal Quignard, peneira sobre o amor total nunha obra que busca descifrar o pouso que deixa un amor furtivo e segredo. É esa experiencia que para Quignard antecede a toda sabiduría a que impulsa a Ania González a ollar as obras que fan parte de Atalaia. Unha escolma de dez obras que permite descubrir os segredos, as paixóns dese traballo vital que reflicten os artistas nas súas obras. É esa experiencia “a que permite que nazan as conexións entre as obras” apunta Ania, que selecciona entre o catálogo obras de Pamen Pereira (This is a love story) nas que se fala da forza do amor, do rexistro do devalar cotiá a través das pontes fotografadas por Manuel Vázquez (East-west) ou o fogar onde residen todas as cousas de Antón Lamazares (Domus Omnia Lajarós).

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

05/09/2011

As imaxes dunha década

Manuel González revisa a cultura xuvenil dos anos oitenta a partir de obras de arte de Atalaia

22/08/2011

As formas da vida

Celia Adrián revisa as experiencias vitais nun comisariado en liña por Atalaia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Atalaia, Lectura, Culturagalega, Antón Lamazares...