"Navigar é preciso; viver nao é preciso". Navigar, descubrir a vida en cada minuto, deixar as fiestras abertas e reconciliarse coa terra”. Con estas verbas Marcos Valcárcel (1958-2010) deixaba de actualizar o seu blog, As uvas da solaina, co que tanto contribuÃu ao desenvolvemento da cultura galega. Esta mañá incineráronse os seus restos mortais mentres que, pola tarde (18:30 horas), haberá un homenaxe no Liceo Ourensá para despedir a este historiador, investigador e escritor.
“As homenaxes, mellor en vida” asegurou Marcos Valcárcel no ano 2008, cando lle diagnosticaron unha enfermidade que acabarÃa coa súa vida este domingo 5 de decembro. Desde entón sucedéronse as actividades, xantares e publicacións de homenaxe para lembrar a súa contribución á cultura galega desde o ámbito creativo como investigador. “Morreu un dos mellores historiadores das últimas decadas, un home de grandes coñecementos e un digno herdeiro da Xeración Nós e dos intelectuais oruensáns aos que dedicou boa parte da súa obra” dixo del o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, en nome do Executivo Galego. As súas cinzas gardaranse nun cofre ata a primavera, cando se esparexerán por Fisterra, tal e como manifestou o propio Valcárcel. Non haberá enterramento nin funeral relixioso, no seu defecto, o Liceo acollerá esta tarde un recital poético musical (18:30 horas) no que amigos e coñecidos despedirán ao intelectual.
Uns retazos biográficos
Marcos Valcárcel foi, ante todo, un home de Ourense. Non só porque foi a cidade que o viu nacer en 1958, senón porque desenvolveu unha intensa actividade de creación e de defensa cultural tanto na provincia en xeral, como na cidade en particular. Foimou parte da maior parte das asociacións e agrupacións culturais da cidade, desde os tempos da Asociación Cultural Auriense ata a época máis actual, cando era responsable da sección literaria do Liceo Ourensá. Recibiu a medalla Castelao, o Premio Otero Pedrayo, o Voz da Liberdade que concede o Pen Club, o Premio José Aurelio Carracedo e o Premio González Tojal. Deixa centos de artigos sobre historia e cultura galega en multitude de cabeceiras (de La Región a Galicia Hoxe) e unha obra literaria que puxo a Ourense no foco (tanto na propia cidade como nos persoeiros da cidade).
Unha entrevista
Marcos Valcárcel era un experto nas relacións históricas entre prensa e galeguismo. En decembro de 2007 realizámoslle unha entrevista nunhas xornadas sobre Medios de Comunicación e Identidade celebradas no CCG. Nela, Valcárcel reflexiona sobre o papel dos medios de comunicación.