Libros da historia para o futuro

A mostra Exlibris Gallaeciae. Dos libros de Galicia abre as actividades do Arquivo de Galicia

Páxinas do <i>Semanario Instructivo…</i>
Páxinas do Semanario Instructivo…
Amosar o legado libreiro que ao longo da historia deu en que hoxe exista un Arquivo de Galicia na Cidade da Cultura. Este é o espírito co que os académicos Xosé Ramón Barreiro e Xosé Luís Axeitos realizaron unha selección de obras históricas das nosas letras que agora se poden ver na exposición Exlibris Gallaeciae. Dos libros de Galicia. En total son 83 obras que inclúen xoias como un dos poucos exemplares que se conservan íntegros do Códice Calixtino, manuscritos de Catelao ou primeiras edicións de Rosalía de Castro, entre moitos outros. A mostra poderá verse ata o vindeiro 25 de febreiro e pode visitarse no marco do programa de visitas guiadas á Cidade da Cultura. Xosé Luís Axeitos fálanos de como se elaborou esta iniciativa e destaca algunhas das pezas expostas.

<i>Breviarium Auriensis</i>

Breviarium Auriensis

Primeiro libro impreso en Galicia. 1485-1490. Arquivo da Catedral de Ourense

<i>Semanario InstructivoÂ…</i>

Semanario InstructivoÂ…

Primeira revista ilustrada editada en Galicia, 1838. (Real Academia Galega)

Pendón de Santiago no <i>Liber Sancti Iacobi</i>

Pendón de Santiago no Liber Sancti Iacobi

Códice realizado no século XIV.(Biblioteca General Históricade Salamanca)

<i>Proezas de Galicia</i>

Proezas de Galicia

Primeiro libro impreso en galego, 1810.(Real Academia Galega)

Galería: <i>Exlibris Gallaeciae</i>

Galería: Exlibris Gallaeciae

Primeiro mapa do Reino de Galicia, 1598 (Arquivo do Reino de Galicia)

Detalle do manuscrito do <i>Sempre en Galiza</i>

Detalle do manuscrito do Sempre en Galiza

(Museo de Pontevedra)

Capa da revista <i>Galicia Emigrante</i>

Capa da revista Galicia Emigrante

Seoane en Bos Aires, 1954-1957. (Colección particular)

Detalle do Foro do Burgo de Castro Caldelas

Detalle do Foro do Burgo de Castro Caldelas

Primeiro documento en galego redactado en Galicia. 1228. (Fundación Casa de Alba)

<i>Crónica Troiana</i>

Crónica Troiana

Principal obra da prosa galega medieval, manuscrito do século XIV. (Biblioteca Nacional)

Detalle do manuscrito do manifesto <i>Máis Alá</i>

Detalle do manuscrito do manifesto Máis Alá

Manuel Antonio, 1922. (Fundación Pedro Barrié de la Maza)