Cando o Culturgal abra mañá as súas portas en Pontevedra non só terá lugar a apertura dunha nova edición dunha feira para as industrias culturais. Senón que se exhibirá unha nova forma de facer as cousas (o encontro estréase cunha sociedade que o promove, fóra do paraugas institucional de edicións anteriores), e unha industria representada en todas as súas facetas. Discográficas, artes escénicas e audiovisual gañan protagonismo con respecto ao peso que tivo o mundo da edición nas outras edicións. É o gran escaparate da nosa cultura.
Unha fin de semana no que haberá representacións teatrais (In, de Elefante Elegante, e Un Cranio furado de Producións Teatrais Excéntricas); proxeccións audiovisuais (Iago MartÃnez comisarÃa O Faiado, unha agrupación de producións audiovisuais contracorrentes); espectáculos de maxia, circo e novas tecnoloxÃas xunto con presentacións de librosÂ… unha gran festa da cultura. Xulio Amigo, presidente da asociación Cultur.gal constituÃda en tempo récord para organizar esta edición da feira, ten claro que é o principal é “ser un gran escaparate para que a xente coñeza o que estamos a facer”. Non é a única, para Cándido Meixide presidente de Agaphono, entidade que agrupa a produtores fonográficos, apunta que “temos que amosar que non só existimos, senón que tamén hai creatividade na industria cultural galega. Por iso, queremos que o público toque, que palpe que saiba que hai empresas que están a facer cousas interesantes”. O presidente de AGEM, outra das entidades de ámbito musical que conforman a Asociación Cultur.gal, JoaquÃn MartÃnez, engade outro punto de vista “que as institucións e polÃticos saiban que existimos, que estamos unidos e que estamos moi ben situados para asumir outro tipo de mercados”.
No fondo, o Cultur.gal é unha feira, pero desde a organización teñen ben claro que non todo se mide en criterios mercantÃs. Xulio Amigo afirma que “hai parámetros obxectivos para medir esta edición, como o número de expositores que este ano medrou ata os 70 e no que están ben representadas todas as industrias culturais”. Outro parámetro cuantitativo é o número de asistentes (na primeira edición congregou a 35.000 asistentes) e o de vendas. Nos cualitativos “ten que ver co nivel exhibido, coa opinión que leven para a súa casa os que pasen por alÔ asegura. Hai que ter en conta que non todo o que hai nesta feira é un produto de consumo, un produto que se pode mercar, polo tanto hai moitas máis actividades que as de venda e exposición.
Unha feira na que non todo se vende
“Hai actividades gratuÃtas, estarán compañÃas das artes escénicas nas que o público non pode comprar unha entrada, pero sà coñecer o que están a facer” asegura Xosé Manuel Rabón, vicepresidente de Escena Galega quen apunta que “nos marcamos como meta, que se convirta unha imaxe de marca cara fóra de Galicia, que veñan programadores, xestores culturais de fóra de Galicia e que non só ten que ver coas artes escénicas senón con todos os sectores” engade. Cándido Meixide incide nesta faceta ao falar da oportunidade de que se produzan encontros no sector cultural. No marco do programa Creativa, no Culturgal haberá unha serie de encontros que permitirá aos creadores e xestores dialogar. “AÃnda que hai foros que son exclusivamente profesionais, explica Xulio Amigo, hai iniciativas que interesarán ao gran público, como a exposición de todas as iniciativas das bibliotecas de MedellÃn, que son un exemplo de iniciativa lectora con intervención pública.
De cara o futuro
“O obxectivo é estabilizar o Culturagal, que a xente saiba que isto se repite todos os anos, e que non teñamos que partar de cero en cada edición”, asegura Xulio Amigo. Canda isto, unha vez rematada a edición da feira, “a primeira decisió que haberá que tomar será coñecer que modelo de feira queremos, se adscrito a un territorio concreto, se optamos por un modelo rotatorio”. E, de xeito paralelo, haberá que ampliar as entidades “Hai colectivos de contacontos, titiriteiros, a Asociación de Escritores en Lingua galegaÂ… moitas outras entidades que, aÃnda que xa colaboran, se poderÃan implicar de xeito moito máis activo”.