Capa de Muda, de SpidermanMuda é o título do volume da colección Asombroso Spiderman que publicará o vindeiro mes de xaneiro Panini en castelán. A obra recolle material das coleccións americanas Amazing Spider-Man, na que se pode ver unha historia curta da galega Emma Ríos e mais Web of Spider-Man, onde aparecerá o traballo de Xurxo Penalta con este personaxe que xa vira tamén a luz en Estados Unidos.