As épocas de fartura tamén reverteron no ámbito cultural. Consolidáronse os ornamentos relativos a cultura, creáronse unha nutrida rede de infraestruturas que dan acubillo a un número crecente de actividadesÂ…. Pero a crise obriga a repensar esa forma de traballar, planificar e concibir a cultura. Ese novo punto de vista sobre as polÃticas culturais abordouse no marco dunha reflexión estratéxica que propuxo o Consello da Cultura Galega e que agora abre ao conxunto dos cidadáns. Este é o primeiro dunha serie de reportaxes nos que se abordará as principais áreas dese proceso.
“As polÃticas culturais son moito máis que subvencións” asà de claro é o documento elaborado por unha serie de axentes culturais que participaron nun foro orientado a analizar as polÃticas da cultura no noso paÃs. Ramón Máiz, coordinador dese encontro explica que “hai que darlle unha volta e ver as polÃticas públicas, hai unha gran cantidade de cartos das administracións que requiren dunha maior planificación, coherencia, continuidade, e que, ao mesmo tempo han de ser avaliados con criterios de rendemento e de eficacia”. Esta é a principal conclusión que pariu unha reflexión celebrada o pasado mes de xuño e que non deixa espazo para a dúbida no que atende ás debilidades: “Accións de curto prazo dependentes dos ritmos electorais; escasa continuidade e visión estratéxica; falta de planificación e obxectivos definidos; concepción reducida da cultura: espectáculo e lucimento mediático asociado a aparición de personaxes famosos…” a análise das debilidades e fortalezas das polÃticas culturais non debe deixar indiferentes. Os intelectuais reunidos neste foro conclúen que cómpre cambiar e repensar a forma de facer cultura. PeroÂ… ¿cómo?
Apuntamentos para o cambio
As ideas que contén o documento “Reflexións estratéxicas sobre a Cultura Galega” indican direccións pero non fórmulas concretas. En parte porque é un documento de partida para que a sociedade (cidadáns ou colectivos) acheguen o seu gran de area enviando as súas ideas a través da páxina web habilitada para o efecto. Como tal documento marco, traza camiños ou ideas a seguir do que deben ser as polÃticas culturais. O propio Ramón Máiz apunta que “nós insistimos moito nos aspectos de avaliación e rendemento non só financeiro, senón tamén das actividades desenvolvidas con eses cartos. Ata o momento nunca se fiscalizou cal era o retorno do sector cultural deses cartos e partidas achegadas polo goberno”. Canda esta idea, o texto demanda a necesidade de participación do sector e da sociedade civil mediante entidades transversais que impliquen a codecisión e a cogobernabilidade, no fondo “un maior contacto entre todas as partes implicadas” asume Máiz. Ademais, neste documento avógase pola revisión dos obxectivos das accións trazadas polo goberno o que implica un certo redeseño institucional mantendo que o sentido de avaliación e de control. Pero enténdase, “non é só no sentido de responsabilidade do gasto que non se faga con criterio clientelar senón tamén doutro tipo de investimento” puntualiza o coordinador. E pon o exemplo da gratituidade dos eventos culturais. “Demostrouse que un exceso de gratituidade non acaba de xerar público, porque se converte nun público que non sabe que a cultura é un ben e polo tanto ten un valor. Un xestor ha de saber cales son os efectos, intencionais ou non, que as súas accións teñen no público. Son exemplos de polÃticas tradicionais que poden ter perxudicais”.
Ademais, o documento establece que a situación de crise é un momento de oportunidade. “Cómpre ver a crise como un contexto de oportunidade de revalorizar as polÃticas culturais, que se entendan que son públicas e que teñen un proceso que implica: deseño, planificación, avaliación e implementación” asume Máiz ao tempo que considera que cómpre facelo nunha perspectiva de gobernanza que implica “cambios na rede institucional, nos órganos de decisión que se han de volver máis participativos e que permitan artellar polÃticas públicas que teñan estabilidade por riba dos gobernos”. E a cultura galega ten posibilidades para conseguilo. “As experiencias de éxito en diferentes campos; unha base de creadores de calidade, unha industria cultural consolidada e unha rede de infraestruturas e equipamentos culturais” son algunhas das fortalezas que ten o tecido cultural galego para levar adiante os seus proxectos.
DAFO sobre as polÃticas culturais en Galicia. Recolle unha sÃntese das achegas dos participantes referidas á polÃticas culturais en Galicia
O proceso da reflexión
As ideas recollidas no documento pódese consultar en liña. Ata o vindeiro mes de novembro estará aberta a participación do público. Despois, coas achegas da cidadanÃa máis as ideas presentadas polo foro de expertos convocados polo Consello, farán parte dun documento final que se lle presentará ao Executivo como documento que conteña a folla de ruta do que ha de ser a acción cultural. As institucións da cultura, o mercado da cultura, os contidos e a proxección exterior son as outras áreas de traballo que contén este documento e que se analizarán nas reportaxes que Culturagalega.org publicará nas vindeiras semanas.