18 comidas, a pelÃcula “improvisada” máis experimental de Jorge Coira, competirá pola Calpurnia no Festival de Cine de Ourense como mellor longametraxe. Enrique Nicanor, director do certame, deu a coñecer o programa oficial do encontro que alén da súa sección competitiva, mantén os seus ciclos paralelos (panorama Galiza, Made in Ourense e os ciclos temáticos). A coincidir con ano Xacobeo, o encontro programa un ciclo especiais e homenaxeará ao actor ourensá Abelardo Pérez Gabriel.
O Festival de Cine de Ourense cumpre quince anos de traxectoria e o programa deste ano pretende celebrar modestamente esta data cunha exposición fotográfica que repasa a súa traxectoria. Ao tempo, o certame segue firme co obxectivo de dar a coñecer o mellor do cinema independente que se está a producir neste momento. Adiantado no calendario (do 1 ao 9 de outubro e non en novembro para non coincidir con Cineuropa), o Festival ten este ano unha completa sección competitiva. No apartado de longametraxes, o filme de Jorge Coira competirá ca belga Lost Persons Area, ou a Serbia Here and there. Na sección de documentais compiten a produción galega Lembrando os rostros da morte; O elixido, Naipe de sangue e Illa Pedra compiten na categorÃa de curtas de ficción. A sección competitiva complétase coa sección de animación (na que só compite a galega A nena que tiña unha soa orella) e novos medias (cos tres traballos galegos: Titanio & Plutonio no paÃs do ciclograma, Eirasvedras e Wrong decisions).
Ourense co Xacobeo
Nos ciclos especiais este ano destaca a implicación do Festival na celebración do Xacobeo. Por iso, este ano conta cun ciclo relacionado con esta temática co que programará fimes como Finisterrae, A sinapse do códice, Peregrinos, Os contos do camiño e O camiño dos Sentidos. Ademais, o Festival tamén celebrará os 25 anos da CRTVG proxectando cinco tÃtulos coproducidas pola cadea pública. Canda isto, haberá unha escolma do Fantasporto (festival de cine fantástico de Porto) e unha retrospectiva do director bengalà Styakit Ray sobre obras de Tagore.
Dosier do Festival de Cine de Ourense.O Festival de Cine de Ourense cumpre quince anos de traxectoria e o programa deste ano pretende celebrar modestamente esta data cunha exposición fotográfica que repasa a súa traxectoria. Ao tempo, o certame segue firme co obxectivo de dar a coñecer o mellor do cinema independente que se está a producir neste momento. Adiantado no calendario (do 1 ao 9 de outubro e non en novembro para non coincidir con Cineuropa), o Festival ten este ano unha completa sección competitiva. No apartado de longametraxes, o filme de Jorge Coira competirá ca belga Lost Persons Area, ou a Serbia Here and there. Na sección de documentais compiten a produción galega Lembrando os rostros da morte; O elixido, Naipe de sangue e Illa Pedra compiten na categorÃa de curtas de ficción. A sección competitiva complétase coa sección de animación (na que só compite a galega A nena que tiña unha soa orella) e novos medias (cos tres traballos galegos: Titanio & Plutonio no paÃs do ciclograma, Eirasvedras e Wrong decisions).