Entre 1957 e 1963, o fotoxornalista Alberto Martà tivo como escenarios destacados de traballo a Estación MarÃtima da Coruña e mais o Porto de Vigo. Desde alÃ, retratou sistematicamente as caras da xente que marchaba e que retornaba da emigración. Agora, a exposición Os adeuses recupera unha selección daquelas fotografÃas da man do Consello da Cultura, o Centro Galego de Artes da Imaxe e mais a Fundación Barrié, achegando unha visión inédita daquela epopeia migratoria.
As setenta e tres imaxes que compoñen a exposición poden verse desde a pasada semana na sede da Fundación Barrié da Coruña. A mostra está dividida en tres seccións, A partida, centrada nos retratos dos emigrantes a piques de marchar, A chegada, na que se amosan os encontros dos retornados, e mais a peripecia do coñecido trasatlántico Santa MarÃa, onde se pode seguir o ollar dos secuestrados e mais dos seus familiares cando se atopan no Porto de Vigo. A maior parte destas imaxes permaneceran ata o momento inéditas, e supoñen unha primeira achega ao arquivo fotográfico de MartÃ, que segundo o propio fotógrafo recoñeceu, está composto por millóns de negativos, froito de anos e anos de carreira.
José Caruncho, coordinador da mostra, destaca algunhas das imaxes que se poden ver na Fundación Barrié, como poden ser “a da rapaza que está coidando dos seus irmáns mentres os pais se ocupan da facturación da equipaxe; a da rapaza sentada enriba das maletas; a dos nenos, posiblemente irmáns, que perderon o barco; a da monxa saudando desde o camarote do barco; a fotografÃa utilizada para a cuberta deste catálogo, onde un grupo de persoas saúda cos panos da man, malia que non se lles ven as caras e debamos intuÃr as súas expresións”. Para el, o traballo de Martà destaca pola súa “inocencia” no sentido de estar afastando da tendencias fotográficas da época, e compárao coas imaxes de grandes documentalistas como foron Walker Evans ou Dorothea Lange.
Deste xeito, ás coñecidas imaxes de Manuel Ferrol encol do noso fenómeno migratorio, súmase agora unha outra ollada sobre estes adeuses. A exposición poderá verse na Fundación Barrié ata o vindeiro 5 de setembro. Está previsto que a partir de entón inicie unha itinerancia que leve estas imaxes por todo o paÃs. Como apoio da mostra, publicouse un catálogo que, ademais das correspondentes imaxes, recolle varios artigos nos que se analiza a emigración galega e mais a importancia do traballo documental de MartÃ.

Despedida de familiares no porto.A Coruña, 1957
Alberto MartÃ
SaÃda do barco Juan de Garay.A Coruña, 1957
Alberto MartÃ
Relixiosas recibindo as súas compañeiras.A Coruña, 1958
Alberto MartÃ
Relixiosas que veñen de Cuba.A Coruña, 1961
Alberto MartÃ
Familiares no porto de Vigo pendentes do desenvolvemento do secuestro do Santa MarÃa.
Alberto MartÃ. Vigo, 1961