A asociación ecoloxista Coto do Frade denunciou ante o Parlamento Europeo o secado do río Avia a partir do encoro de Albarellos que Gas Natural-Unión Fenosa realizou durante os meses de agosto-outubro do ano pasado para cambiar unha turbina. Os ecoloxistas denunciaron que o secado provocou o secado de numerosas árbores e que o proceso de recuperación do cauce en setembro tamén provocou problemas de caída de terras e dunha praga de fungos que afecta ás especies vexetais. Agora, o Parlamento iniciará os trámites para investigar a agresión. O seu ditame non será vinculante pero si escoitado pola Comisión Europea.
O Parlamento Europeo investigará o secado do río Avia polas hidroeléctricas
Os ecoloxistas denuncian que o cauce estivo seco durante tres meses de 2009
21 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universos
Explorar o Universo desta nova
Descobre máis noticias relacionadas con Fenosa, Comisión Europea
Claves
Entidades
