Piden a declaración do Pindo como parque natural

Ecoloxistas e profesores universitarios destacan o gran número de especies protexidas

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

A Asociación Ecoloxista ADEGA, canda dous representantes no Observatorio Galego da Biodiversidade e numerosos profesores universitarios, presentaron unha proposta para solicitar a declaración do Monte Pindo como parque natural. Os motivos é a enorme diversidade de hábitats e especies que, segundo os propoñentes, alberga unha superficie tan pequena: 5 hábitats protexidos pola Directiva Europea 92/43/CE, 8 especies vexetais protexidas pola lexislación galega e 12 especies de fauna inseridas en distintos Libros Vermellos, ademáis da súa riqueza patrimonial plasmada en castelos, petróglifos e de arqueoloxía industrial. Para os asinantes, a implementación do parque é moi doada pola "falta de aproveitamento actual do monte" e "pode traer amplos beneficios económicos para os habitantes locais".

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arqueoloxía, ADEGA

Claves

Entidades
Conceptos