Os ecoloxistas denuncian a falta de xestión ambiental das praias con bandeira azul

Alertan de que o distintivo non se preocupa das condicións ecolóxicas dos areos

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

As bandeiras azuis son outorgadas por unha fundación privada e non pola Unión Europea. E miden a calidade das augas e os servizos dos areos, pero non a súa relevancia medio ambiental. Así o defenden os ecoloxistas de ADEGA, que denunciaron esta fin de semana que a adecuación e limpeza dos areais de Coroso (Ribeira) e A Corna (Pobra do Caramiñal) con medios mecánicos afectou ao hábitat e á nidificación de especies en perigo de extinción, como a píllara das dunas, ou a especies vexetais endémicas das dunas litorais. Segundo declarou a El País Sabela Iglesias, responsable de Litoral da asociación ecoloxista Verdegaia, "Medioambientalmente, estes premios non significan nada; máis ben moitas obras e estropicios fixéronse en praias co fin de acadar a bandeira azul, sen ter en conta o desastre que causaban".

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sabela, El País, ADEGA, Unión Europea...

Claves

Protagonistas